O ORAL regularizará e actualizará o padrón das taxas fiscais no municipio de Silleda

 

Silleda, 2 de maio de 2013. O  BOP de Pontevedra publica hoxe a licitación, por procedemento aberto, deste servizo de asesoramento da Deputación de Pontevedra  para regularizar e actualizar os padróns fiscais para os concellos de Silleda, Gondomar, Ponteareas e a Mancomunidade do Morrazo. No caso de Silleda, a licitación ten un orzamento máximo de 40. 723,40 euros.

Paula Fernández lembra que xa en 2012 dende o goberno municipal se advertíu que, co cruzamento dos datos do padrón do servizo de recollida de lixo, se detectaron moitos casos de veciños e veciñas do municipio que non están a abonar a taxa correspondente. Xa entón se fixo unha comunicación a estes veciños para que procederan a darse de alta no padrón. “Aínda que houbo algunhas altas, aínda quedan moitos casos”, engade a alcaldesa.

“Non podemos subir impostos municipais coma este da recollida do lixo, cando non todo o mundo paga”, remarca, destacando que con esta medida se poderá garantizar que todos os cidadáns paguen as taxas que lle corresponde, “e que non haxa diferenzas entre os que sí pagan por un servizo e os que fan uso del sen abonar a taxa que lle corresponde”, engade.

Xa cando se detectaron esas irregularidades, a rexedora mantivo un encontro cos responsables do ORAL, aos que lle solicitou que puxeran en marcha medidas para actualizar os padróns fiscais, como este servizo que agora se contrata. “Con este sistema poderemos detectar aqueles casos non que se non se están a abonar impostos e que supoñen unha auténtica inxustiza respeto ao resto da cidadanía”, engade Paula Fernández.