-As listas do Concello de Silleda poderán consultarse ata o vindeiro día 15
Silleda, 4 de agosto de 2016. O Concello de Silleda informa de que a partires do vindeiro luns, día 8 de agosto, e ata o día 15, permanecerá exposto ao público o censo electoral para as eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro, co obxectivo de que os veciños empadroados no municipio poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e, en caso de atoparen algún erro, realizar as reclamacións oportunas.
Estar inscrito correctamente é requisito imprescindible para exercer o dereito a voto. O censo estará exposto no Rexistro Municipal da Casa do Concello e poderase consultar, previa identificación do interesado, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres, e de 9.00 a 13.00 horas os sábados.