O prazo de inscrición nas Escolas Deportivas de Silleda ábrese este luns 9 de setembro

A principal novidade é a volta das clases de natación para menores e de Aquagym para persoas adultas

As inscricións poden realizarse no Concello e pola tarde no pavillón César G. Fares

Ofértanse ata 10 modalidades

 

O Concello de Silleda abrirá o prazo de inscrición para as escolas deportivas o vindeiro luns 9 de setembro. As actividades comezarán na maioría dos casos no mes de outubro, como vén sendo habitual, aínda que algúns cursos, como esgrima, zumba fitness e baloncesto, iniciaránse xa a semana seguinte.

Este ano, a oferta de actividades conta cunha novidade destacada: as actividades acuáticas regresan despois de varios anos. Grazas a un acordo co Concello e a empresa que xestionará o Spa Fervenza do Toxa nas instalacións do Hotel Vía Argentum, as clases de natación para menores e o Aquagym para persoas adultas volverán estar dispoñibles a partir de outubro. As prazas para ambas modalidades son limitadas.

Ademais das actividades acuáticas, o curso ofrecerá as seguintes modalidades:

  • Patinaxe
  • Kung-fu
  • Baloncesto
  • Zumba fitness
  • Zumba kids
  • Ciclismo
  • Esgrima
  • Atletismo (en colaboración co Club Atletismo Deza)

As inscricións poderán realizarse na Casa do Concello en horario de 09:00 a 13:00 horas ou, pola tarde, no pavilló César G. Fares de Silleda, de 18:00 a 20:00 horas.

As actividades impartiranse en diferentes locais, como:

  • Pavillón César G. Fares
  • Pavillón do IES (atletismo)
  • Escola de Música (zumba kids)
  • Aire libre (ciclismo, impartido polo Club Ciclista Estradense)

En canto á escola de patinaxe, a idade límite de iniciación será para nenos e nenas nacidos en 2020, e tamén nesta modalidade as prazas son limitadas.

Consulta as actividades, os horarios e os prezos no seguinte cadro: