O vindeiro mes de xaneiro comezará na Casa da Cultura de Silleda o Curso de Iniciación á Apicultura, unha das novidades formativas deste ano que se imparte a través do Centro de Desenvolvemento Agrario do Concello de Silleda.
O prazo para anotarse rematará o vindeiro 5 de xaneiro. O curso terá lugar os días 14, 21 e 28 de xaneiro e o día 4 de febreiro (sábados todos eles), na Casa da Cultura de Silleda, impartido por personal da Asociación Galega de Apicultura, en horario de 16:00 a 19:00 horas.
O curso ten un prezo de 30 euros, que será de 15 euros no caso daquelas persoas que acrediten estar en situación de desemprego. Este desconto aplícase aos outros cinco ciclos do Centro de Desenvolvemento Agrario, un dos proxectos máis ambiciosos do Concello de Silleda que se coordina dende a Concellería de Medio Rural, que dirixe Jesús Taboada.
O ciclo de Iniciación á Apicultura consta de 9 módulos, nos que figuran temas relacionados coa lexislación no sector, guía de boas prácticas agrícolas, sanidade apícola, flora melífela, e un módulo especial adicado á vespa velutina, especie que se extendeu nos últimos meses e do que se retiraron numerosos avispeiros pola zona.
Tamén se abordarán cuestións relacionadas coas colmeas e os utensilios do apicultor; reproducción das abellas, ou a comercialización e prezos da mel. Falarase ademais da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia e de producción ecolóxica.
Este é un dos seis cursos ofertados dende o Centro de Desenvolvemento Agrario, unha iniciativa na que ten como grande obxectivo poñer en valor o rural e o sector primario.