O PRAZO PARA SOLICITAR AS SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS E VECIÑAIS REMATA O VINDEIRO 17 DE XULLO

Silleda, 8 de Xullo de 2021. Dende o Concello de Silleda lémbrase que o vindeiro día 17 de Xullo rematará o prazo para solicitar as subvencións para entidades culturais, deportivas e veciñais.

As bases destas tres convocatorias foron publicadas o pasado 16 de abril e tamén na Base Nacional de Datos de Subvencións. Como novidade, este ano introdúcese a posibilidade de poder optar a axudas para material, á vista de que a pandemia non pernitiu realizar algunhas das actividades previstas. Cada colectivo, ao igual que en anos anteriores, só poderá optar a unha das tres convocatorias. Así mesmo, tal e como marca a normativa, as solicitudes deben facerse por sede electrónica.

A continuación están as bases e anexos das tres convocatorias:

  • AXUDAS ENTIDADES CULTURAIS

BASES CULTURAIS

ANEXO CULTURAIS

  • AXUDAS ENTIDADES DEPORTIVAS

BASES DEPORTIVAS

ANEXO DEPORTIVAS

  • AXUDAS ENTIDADES VECIÑAIS

BASES VECIÑAIS

ANEXOS VECIÑAIS