O Prebenxamín da Escola de Fútbol campión do torneo do Céltiga e o Alevín subcamión da Copa Sálvora

 

 

 

 

O equipo Prebenxamín da Escola de Fútbol de Silleda proclamouse onte domingo campión do torneo do Céltiga, na Illa de Arousa logo de vence na final ao conxunto anfitrión. Os bos resultados da entidade silledense completaronse co subcampionato logrado polo conxunto Alevín, que quedou segundo no Torneo Copa Sálvora de Ribeira, logo de perder na final fronte ao Bertamiráns.

A Escola de Fútbol de Silleda completou a súa presenza en campionatos  no torneo de San Mamede, donde o Benxamín e o Alevín B caeron en cuartos de final logo de superar a fase de grupos.

A vindeira fin de semana a canteira silledense volverá a estar presente noutros certames. Así o Alevín A, o Prebenxamín e o Benxamín disputarán o torneo de Val do Ulla, no campo do Coto e o Alevín B acude ao campionato do Céltiga, na Illa.

O concelleiro de Deportes, Klaus Brey, felicita de novo a toda familia da Escola Silledense, que unha vez rematada a liga, segue a participar con éxito en distintos torneos de fútbol base.