Silleda, 5 de xaneiro de 2018. O programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e familias coidadoras que desenvolve o Concello de Silleda a través da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (AFAPO) continuará ao longo deste ano. O programa, iniciado con éxito en 2015, conta cun orzamento por parte do Concello de 18.000 euros ao igual que no anterior exercicio.
O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Benestar Social, Pili Peón, mantiveron un encontro co presidente de AFAPO, José Manuel Fontenla no que se abordou a renovación do convenio polo que se poñerá en marcha esta iniciativa, “unha clara aposta deste goberno polas políticas sociais”, engade o rexedor.
O programa comezará co curso destinado a familias coidadoras o vindeiro
luns día 15 e a partir do día 1 de febreiro celebraránse, previa valoración dos usuarios, os obradoiros de estimulación cognitiva para as persoas aqueixadas desta enfermidade.
“As familias xa poden informarse e anotarse tanto para o curso de coidadores como para os obradoiros dirixidos ás persoas con Alzhéimer e outras demencias”, explica a concelleira de Benestar. Os interesados deben de dirixirse ás dependencias de Benestar Social (Centro Social de Silleda) ou chamar ao 986 592037.
Tanto o curso para as familias coma os obradoiros –totalmente gratuitos para os usuarios- volverán a realizarse ao igual que neste último ano nas dependencias da Casa da Xuventude.
Os talleres de estimulación cognitiva celebraranse dous días a semana ata o mes de decembro.
Obxectivos
Dende AFAPO explícase que entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situaciónns de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.
A mellora da calidade de vida , tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación que comezou a desenonverse en Silleda no ano 2014. No municipio de Silleda hai máis de 300 veciños/as diagnosticados con algún tipo de demencia.