As inscricións poden formalizarse dende mañá e ata o vindeiro día 14 nas dependencias do Concello ou chamando ao 986 592037
Ademais de actividades de mantemento físico e de musicoterapia, ofértanse como novidades obradoiros de risoterapia, de ioga en silla e de memoria e estimulación cognitiva
Levaranse a cabo nos centros sociais de Silleda e da Bandeira
O Concello de Silleda, a través do seu departamento de Benestar Social, reanuda o programa Silleda Activa a partir do mes de setembro. Esta iniciativa, destinada ás persoas maiores de 65 anos e pensionistas, ten como obxectivo principal promover un estilo de vida máis saudable e activo, ofrecendo unha ampla gama de actividades adaptadas ás necesidades das persoas participantes.
Ofértanse un total de seis actividades dirixidas ao fortalecemento físico e á estimulación mental.
Ademais de ximnasia de mantemento, con sesións que se celebrarán os martes e xoves de 10:15 a 11:00 horas no Centro Social de Silleda cun custo mensual de 20 euros, ofrécese tamén clases de musicoterapia xerontolóxica (22 euros mensuais), con sesións os luns e mércores en Silleda e os martes e xoves na Bandeira. As sesións de pilates están programadas para os venres en Silleda ás 10:15 horas, cun custo de 20 euros mensuais.
A oferta amplíase a partir do mes de setembro con actividades como obradoiros de risoterapia, que se desenvolverán os xoves en Silleda cun custo de 22 euros, e ioga en silla, que se realizará os venres en Silleda ás 11:30 horas cun prezo mensual de 12 euros. Outra das novidades serán os obradoiros de memoria e estimulación cognitiva que serán totalmente de balde e se impartirán os martes no Centro Social de Silleda.
As inscricións están abertas ata o mércores 14 de agosto. As persoas interesadas poden inscribirse no Concello de Silleda ou chamar ao teléfono 986 592 037.
Está previsto que as actividades comecen o 2 de setembro, sempre que se cubran as prazas mínimas necesarias.