O programa Silleda Camiña arranca de novo o día 6 de marzo ata o mes de xuño

O programa Silleda Camiña volve  a partir da vindeira semana,  con andainas biosaudables, abertas a todas as persoas interesadas.

Haberá como vén sendo habitual rutas guiadas dende o Pavillón Municipal César G. Fares, que se celebrarán dous días a semana: o luns pola tarde (de momento ás 17:00 horas con cambios previstos en cando mude o horario a final de mes) e os xoves ás 10:00h.

Todas as persoas que estén interesadas en participar poden recibir máis información no Concello de Silleda (departamento de Deportes) ou remitir un mail cos seus datos a deportes@silleda.gal.

Este programa, que se puxo xa en marcha en 2021 dende os departamentos de Deportes e Turismo para fomentar hábitos saudables, os desprazamentos a pé e tamén o coñecemento de espazos turísticos, volta para seguir mellorando a saúde da cidadanía.

Neste marco, e de xeito transversal, o programa vaise a diversificar tamén este ano cunha nova iniciativa, que tamén arrancará en marzo.

Esta actividade contará novamente ca colaboración do Centro de Saúde de Silleda. O seu personal encargarase de tomar parámetros antropométricos e constantes ás persoas participantes, ademais de realizarlles un cuestionario sobre alimentación.