Silleda, 1 de marzo de 2019. O Concello de Silleda vén de poñer en marcha un programa pioneiro en relación á praga da vespa velutina. Baixo o lema Silleda contra a vespa velutina levaránse a cabo distintas accións tanto de divulgación e información á poboación como de asesoramento.
Esta iniciativa xurde á vista da problemática existente coa esta especie, que afecta tanto á apicultura como a sectores tan importantes na economía local de Silleda como a agricultura e a fruticultura, e que está a voltar nos últimos días debido ás inusuais temperaturas dos últimos días.
Un dos puntos clave do programa é a programación de sesións informativas en varios puntos do municipio, que impartirá personal da Asociación Galega de Apicultura. Así, a vindeira fin de semana iniciase o programa de charlas en Laro e Cira. A cita será nestas dúas localidades o sábado 9 de marzo. En Laro, no centro social, ás 17:30 horas e en Cira, tamén no centro social ás 19:45.
O programa seguirá o sábado 16 na Bandeira (Centro Cultural Vista Alegre ás 17:30 horas) e na Casa da Cultura de Silleda , ás 19:45.
As sesión, dirixidas á veciñanza en xeral e en particular aos apicultores, serán impartidos por José María Bello, membro da Asociación Galega de Apicultura (AGA).
Envío de material divulgatito aos domicilios
Nestes días xa se está a realizar un buzoneo con material informativo sobre as sesións e algúns consellos e explicacións sobre esta especie invasora.
Nestes dípticos informativos advirtese da importancia de cuestións como a detección de niños primarios, para evitar que continúen medrando, e ofrencese consellos para realizar trampas caseiras ou medidas de prevención á hora de realizar desbroces.
Así mesmo, crearase unha oficina de atención a afectados, que dependerá da Concellería do Medio Ambien te.Ademais das charlas de especialistas tamén está prevista a posta en marcha de sistemas de trampeo profesionais para esta especie, cun reparto do que se irá informando nas devanditas sesións informativas.
“Aínda que a competencia da retirada de niños de velutina é da Xunta, xa que no Concello non contamos con persoal nin medios, somos conscientes da problemática existente polo que con este programa pioneiro trataremos de dar información e asesoramento aos veciños afectados”, engade.
Segundo os expertos, a invasión de velutina podería mesmo provocar a extinción de ecosistemas e sectores agro alimentarios.
Perigos dos desbroces
“Estamos ante unha vaga que vai incluso máis aló podendo afectar, nalgún caso, á saúde e seguridade cidadá”, indica o rexedor consciente da preocupación que xera a presenza de niños e das pérdidas que supón nos sectores produtivos.
“Combater a velutina é responsabilidade de todos. As administracións debemos de colaborar coa sociedade para adoptar medidas preventivas que nos axuden a combater esta plaga”, engade.
Silleda foi un dos municipios da provincia que máis presenza de niños rexistrou nos últimos meses.