Silleda, 9 de xuño de 2014. A Concellería de Emprego de Silleda vén de incorporar, no seu apartado de difusión de ofertas laborais, o boletín informativo da Fundación Amigos de Galicia. Así, dentro das liñas de colaboración abertas entre esta entidade e o Concello de Silleda, dende o programa Silleda Emprega vaise dar a coñecer, a través da web municipal, o boletín informativo que edita a fundación, dende o seu departamento de orientación laboral.
“Dende a concellería de Emprego, e en particular dende a bolsa de emprego, consideramos fundamental informar aos usuarios do maior número posible de ofertas laborais”, sinala a concelleira Pili Peón, que agradece á Fundación Amigos de Galicia a elaboración desta publicación que agora se difundirá periódicamente dende a web municipal, no apartado Silleda Emprega.