O Punto Limpo de Silleda rexistrou máis de 1.500 usuarios durante o ano 2017

Silleda, 17 de febreiro de 2018.  O Punto Limpo de Silleda rexistrou ao longo do ano 2017 un total de 1.560 usuarios,  unha cifra que da conta do interese que desperta este servizo e tamén da concienciación, cada vez maior, da cidadanía á hora de reciclar correctamente os residuos.

Os meses de setembro, xullo e agosto, seguindo a tónica dos últimos anos,  seguen sendo  os que rexistran unha maior afluencia de usuarios neste centro, aberto o mércores e sábados pola mañá, de 09:00 a 14:00 horas. Así, en setembro foron 166 usuarios, en agosto foron 159 as persoas que se achegaron ata estas instalacións municipais e en xullo 154.

Séguenlle a estas dúas mensualidades as de outubro, con 150; abril con 127, decembro con 126; marzo con 118  e xaneiro con 113.

Así a media anual no que vai de ano foi de 125 usuarios ao mes, o que supón unha ratio de 17 usuarios por xornada. Esta media incrementouse nos dous meses de verán de maior afluencia, cunha media de 156 usuarios en cada mesualidade, e 20 depósitos por día.

En canto ao volume de depósitos, tamén foi nos meses de verán cando se rexistrou un maior número de entregas, sendo a recollida de voluminosos (colchóns, sofás, almofadas), ou outros residuos coma televisores, os máis abondantes.

O punto limpo de Silleda, situado no lugar de Vilanova –en Margaride- abriu as súas portas en xullo de 2007 como un servizo totalmente gratuito para os veciños e veciñas.

Dentro das accións conseguidas para o Punto Limpo cabe destacar tamén a solicitude de adhesión por parte do Concello ao Convenio Marco entre a Consellería de Medio Ambiente e a Fegamp en materia de xestión de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE)

Novos equipamentos en marzo

Esta adhesión supuxo dotar ao Punto de Silleda de equipamento  adecuado como Xestor   Autorizado recibindo  unha  traspaleta e unha balanza, que xa están colocadas nas instalacións.

As novas dotacións completaránse en breve coa concesión dunha marquesina para almacenaxe e xestión de RAEE, cunha dimensión duns 50 metros cadrados. Con esta tratararse de cubrir a cantidade de unidades de frio e de gama branca que se depositan anualmente ( Frigoríficos, neveiras e lavadoras e cociñas ), e que só poden aportadas por usuarios domésticos, nunca por empresas do sector.

Convocatoria ESTRAEE

Por outra banda o Concello de Silleda adheriuse tamén ao  proxecto ESTRAEE,  ( Estratexia sostible Trasnfroteiriza para a Xestión dos RAEE) que ten por obxecto a elección de 9 Puntos Limpos da provincia de Pontevedra para a recollida e tratamento dos aparellos electrónicos.

 

A adhesión vai da man da Deputación de Pontevedra que asume os custes da adaptación, para a integración nesa rede europea, ESTRAEE. 

 

Neste momento o Concello, que reúne os requisitos para participar nesta convocatoria presentouse a este proxecto europeo.

Chamamento á cidadanía e colaboración

Pese a que o balance é moi positivo, dende a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Klaus Brey, volve a facerse un chamamento a cidadanía para fomentar o uso destas instalacións, xa que “pese a que cada vez a xente é máis consciente, aínda seguen a rexistrarse casos de persoas que deixan os residuos ás portas das instalaciónscos consecuentes trastornos para o personal que atende o centro e producindo unha mala imaxe. “Queremos facer un chamamento á cidadanía para que teñan a ben respetar os horarios e non deixar os residuos ás portas do punto limpo ou arrimados a un contenedor”, apunta, lembrando que se trata dun servizo totalmente gratuito para os particulares.

Dende o departamento lémbrase ademáis  á cidadanía a importancia de utilizar este servizo para evitar a formación de vertedoiros incontrolados, como os que se veñen detectando nos últimos meses, e contribuir a un maior respeto e coidado do medio.

Tamén se pide colaboración á hora de depositar residuos coma portas ou ventanas con cristais. Neste caso dende o Concello apélase á boa vontade dos usuarios deste servizo –totalmente gratuito para os usuarios- para que no caso de depositar mobles ou portas con estes materiais retiren previamente os cristais.

Ademais, dende o Concello de Silleda véñense realizando outras recollidas coma a de papel-cartón, nas xornadas dos vernes, para facilitar a reciclaxe no caso de empresas e comercios (tamén gratuito); ou as de plásticos agrícolas no rural, outro servizo sen custes para o usuario, que se poñerá en marcha de novo coa segunda fase anual de recollida nos vindeiros días.