Silleda, 28 de marzo de 2017. O goberno municipal de Silleda dará conta no Pleno ordinario de pasado mañá xoves día 30 da liquidación do exercicio de 2016, que arroxa un ano máis un resultado positivo. Este sitúase en 163.146, 43 euros.
“De novo volvemos a pechar un exercicio en positivo e mellorando ano tras anos a xestión económica do Concello de Silleda”, indica o alcalde e responsable municipal de Facenda, Manuel Cuiña.
En canto aos dereitos recoñecidos netos do exercicio de 2016, o que se ingresou, a cifra sitúase en 6.339.174,66 euros, mentres que as obrigas recoñecidas netas (o que se pagou) situáronse en 6.176.028,23 euros.
No tocante aos gastos, no informe de Intervención reséñase que os pagos realizados supoñen o 94,57% das obrigas recoñecidas, “un importante grado de execución do gasto, o que significa que o orzamento de 2016 estaba ben plantexado, tal e como se demostra ahora na liquidación”, indica o alcalde.
Por capítulos, en gastos destaca o aforro en os gastos financieiros e por outra banda o pago de sentenzas condenatorias redúxose significativamente respecto a 2015.
A liquidación –que hoxe se analizou en comisión informativa- tamén recolle o aumento dos fondos destinados a inversións reais (pasando de 1.068.301,49 euros en 2015 aos 1.225.401 euros executados o pasado ano 2016).
En canto á execución do orzamento de ingresos, a recadación de impostos directos diminuiu, pasando de 1.962.462,89 a 1.894.889,64 euros, nun ano no que o tipo impositivo pasou do 0,60 ao 0,53. Sí se produxo un aumento en impostos indirectos (de 58.288 a 89.804 euros) ao rexistrarse un incremento de licenzas de obra.
Tamén se incrementou o apartado de taxas, onde destaca o aumento da cantidade por uso privativo do solo, subsoló ou voo en vías públicas (que se cobra as operadoras de enerxía e telecomunicacións). Tamén se incrementaron as transferencias de capital ao recibirse máis subvencións doutras Administracións.
Análise do remanente
O remanente de Tesoureiría, magnitude que mide a solvencia económica da entidade tendo en conta distintos baremos (os fondos disponibles e os que se deben) é un dos indicadores máis relevantes da liquidación orzamentaria. A cifra sitúase na liquidación en 542.727,65 euros (no 2015 foi de 389.748,66 euros.
“Se se ten en conta que no ano 2013 o remanente estaba aínda en números negativos, con -396.327,10 euros, o aforro total e a contención do gasto nestes últimos tres anos ronda os 900.000 euros”, indica o alcalde, que amosa a súa satisfacción “por acadar estes datos tan positivos para a economía municipal, por ser capaces de sacar a esta Administración local dos números roxos nos que estivo durante anos sumida”, engade.
Cuiña lembra que no 2014 se presentou un orzamento con supéravit pola mesma cantidade que o remanente negativo e dende aquela o resultado foi en progresión. Así, o remanente de tesoureiría foi xa positivo en 2014, con 196.116,16 euros; en 2015 situouse en 389.748, 66 e en 2016 aumentou ata os 542.727,65 euros, “nunha clara progresión que reflexa a melloría das contas”, engade.
“A reordenación das contas, a mellora na xestión dos tributos ou o establecemento de taxas para as grandes compañías que ata hai pouco non deixaban nin un euro en Silleda están detrás deste éxito, xunto coas políticas de aforro e a contención do gasto”, sentencia o alcalde.
No Pleno de mañá, no que tamén se someterán á aprobación as bases específicas que rexerán o funcionamento do programa de alimentos e do roupeiro municipal, ou o convenio coa Consellería de Sanidade para a cesión do Centro de Sáude.