Silleda, 21 de xuño de 2016. O Concello de Silleda informa aos establecementos usuarios do servizo de recollida de papel e cartón nas localidades de Silleda e da Bandeira que a recollida desta semana se trasládase esta semana á xornada do luns día 27, ao coincidir o venres en día festivo.
O servizo, que se vén efectuando todos os venres, atrasarase con motivo do festivo de San Xoán e realizarase en horario de mañá, como é habitual. A vindeira semana o servizo continuará realizándose xa os venres como é habitual.