Silleda, 8 de outubro de 2016. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de desestimar o recurso interposto polo voceiro do PP silledense, José Luis Espiño contra o acodo do goberno municipal de Silleda polo que se contratou, en agosto de 2014 o Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
Esta é a segunda vez que o PP ve rexeitado un recurso contra este acordo, logo de que en decembro de 2014 o Tribunal de Recursos Contractuales desestimara xa a primeira demanda deste grupo municipal contra o referido acordo.
“Con esta sentenza debería de quedarle claro que o goberno municipal actuou entonces de forma correcta e legal”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.
O Partido Popular sostiña na súa demanda que a contratación era “nula de pleno dereito” pero o recente fallo do TSXG declara correcta a actuación levada a cabo pola Xunta de Goberno Local de entón.
Ainda que a sentenza dí que o recurso era admisible (en contra do criteiro do Tribunal de Recursos Contractuais que no seu día declarou a demanda dos populares fóra de prazo), no fallo xudicial desestimase totalmente a demanda do PP en canto ao fondo. Sostiñan no recurso que a contratación era nulo porque lle correspondería contratar ao Pleno e non á Xunta de Goberno, e que ademais non se podía facer por un periodo de dous anos.
O TSXG rexeita con esta sentenza os argumentos esgrimidos polo voceiro do PP e ratifica que se actuou de xeito correcto.
“Esperamos que despois do espectáculo dos últimos días e con esta sentenza que nos da a razón, logo da insistencia do Partido Popular de Silleda con este asunto, este grupo se deixe de enredar e se poña dunha vez por todas, a partir de agora a traballar polo benestar dos veciños e veciñas de Silleda, que é para o que foron elixidos ”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña