O vindeiro luns comeza o curso para persoas coidadoras do programa do Alzheimer, aínda con prazas libres

Silleda, 31 de xaneiro de 2010.  O programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e familias coidadoras que desenvolve o Concello de Silleda a través da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (AFAPO) arrancará o vindeiro luns día 3 de febreiro, co inicio do curso destinado a familias e coidadores de persoas que padecen esta enfermidade.

Estas sesións, que continuarán ata o día 6 na Casa da Xuventude, serven para formar e dar consellos sobre a atención a persoas que sufren Alzheimer e outras demencias. As sesións serán de 17:00 a 19:00 horas, sen custe algún para os asistentes. Aínda quedan prazas libres e as persoas interesadas en anotarse deben poñerse en contacto co departamento de Benestar Social (986 592037).

A seguinte actuación serán os obradoiros de estimulación cognitiva para as persoas coa enfermidade, que se desenvolverán todos os martes e xoves dende febreiro ata decembro, dende o vindeiro 4 de febreiro. Debido a alta demanda que se rexistrou este ano, aumentarase o número de prazas, creándose dous grupos para estes obradoiros.

Con esta iniciativa continúa en Silleda o programa que comezou  con éxito en 2015, para o que a aportación municipal será de 18.000 euros

Tanto o curso para as familias coma os obradoiros –totalmente gratuitos para os usuarios- volverán a realizarse ao igual que neste último ano nas dependencias da Casa da Xuventude.

Proxección de “Arrugas” o venres 6

Ademaís de obradoiros de formación para persoas coidadoras e familiares, e de talleres de atención directa aos enfermxs, dende Benestar Social a concelleira Ángela Troitiño explica que “cremos que é necesario un achegamento á poboación en xeral para que coñeza en maior medida este tipo de doenza”.

E por iso que tamén o vindeiro venres día 6 se proxectará o filme de animación ‘ARRUGAS’  dirixido por Ignacio Ferreras e na que se conta a historia de dous homes de avanzada idade e cun deles na primera estapa da enfermidade de Alzheimer; Esta proxección terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Silleda, ás 11:00 horas, aberta a todo o público interesado. Ao remate haberá un coloquio con personal de AFAPO sobre este filme.

Obxectivos

Entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situaciónns de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.

A mellora da calidade de vida , tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación.