Silleda, 23 de decembro de 2017. O vindeiro luns día 3 de abril comezarán a traballar no Concello de Silleda 6 operarios/as contratados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Trátase de 3 postos de xardinería outros dous de limpeza viaria (varrendeiros) e un auxiliar administrativo. Os contratos serán por nove meses, dende abril ata o 31 de decembro.
Hoxe comezaron a realizarse as entrevistas ás persoas seleccionadas da lista remitida Servizo Galego de Colocación (INEM), ao igual que noutras convocatorias deste tipo.
Este equipo complementarase a partir do mes de maio coa convocatoria dun posto para limpeza de edificios públicos, co que serán 7 os traballadores/as en total contratados a través desta iniciativa, á que a Deputación destina 91.203,45 euros.
Unha vez realizadas as entrevistas e presentada a documentación pertinente mañá publicaránse as listas definitivas e as persoas seleccionadas comezarán a traballar en abril.
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, indica que “unha vez máis, grazas ao apoio neste caso da Deputación, podemos contribuir á inserción laboral dos nosos veciños e veciñas”, indica.