– O prazo de solicitudes abrirase este xoves día 2 e rematará o xoves 16 de maio
– Trátase dun servizo de conciliación familiar durante as vacacións de verán que vai dende o 24 de xuño ata o 10 de setembro, de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Silleda. 29-04-2024.- O Concello de Silleda, a través da concellería de Educación, volve organizar para este verán o campamento do Servizo Lúdico Educativo, co obxectivo de facilitar a conciliación familiar. O campamento terá lugar do 24 de xuño ao 10 de setembro de 2024, coincidindo coas vacacións escolares. O horario do servizo será de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. Coma outros anos, o campamento de verán realizarase nas instalacións do CEIP Plurilingüe de Silleda e no CEIP Ramón de Valenzuela de Bandeira.
Poden participar todos os nenos e nenas de 3 a 12 anos (alumnado de Infantil e Primaria) empadronados no Concello de Silleda. Só se aceptarán menores non empadronados neste municipio cando existan prazas libres e non serán aplicables os descontos nas taxas, tal e como se estipula na normativa municipal ao efecto. A selección realizarase de acordo ao regulamento.
As persoas que queiran inscribir aos seus fillos e fillas no campamento deberano facer a través do rexistro municipal, de xeito presencial ou telemáticamente. O prazo de solicitudes vai dende este xoves día 2 de maio ata o xoves 16 de maio. A documentación que hai que presentar atópase dispoñible na web do Concello e adxúntase a continuación: