Operarios de Tragsa realizan tarefas de limpeza no polígono

Silleda, 14 de outubro de 2014. Operarios da  EMPRESA DE TRANSFORMACIÓN AGRARIA, S.A. (TRAGSA) iniciaron hoxe no parque empresarial Área 33 de Silleda as tarefas de limpeza e adecentamento de áreas, en virtude do convenio asinado co Concello de Silleda o pasado mes de agosto.

Segundo este acordo, a emprsa realiza este tipo de tarefas a cambio do uso das dependencias que se utilizaban  como base do Grupo Municipal de Intervención Rápida  (GRUMIR), sitas no parque empresarial Área 33.

 

Tragsa non contaba na actualidade con instalacións axeitadas e con capacidade suficiente para albergar ao persoal destinado na provincia de Pontevedra, polo que solicitou, ao igual que nos últimos anos,  a utilización das instalacións dependentes do Concello de Silleda para o seu uso como punto de encontro de brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais, xa que se atopa nunha ubicación estratéxica dentro da comarca do Deza.

O convenio entrou en vigor o mes pasado e estará vixente ata o día 15  de novembro.  A empresa poderá utilizar as instalacións e como contraprestación para o Concello de Silleda, a empresa Tragsa,  asumirá  actividades compensatorias como a de áreas  pertences ao Concello de Silleda no Polígono Área -33 ou tramos do paseo do río Oisa, en A Mera.