Silleda, 20 de decembro de 2017. O Concurso de Escaparates Nadal en Galego convocado pola Concellería de Comercio e Industria de Silleda, que dirixe Benito Saavedra, xa ten novos gañadores. O xurado, formado polo alumnado e mestres do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do IES Pintor Colmeiro de Silleda mantivo o pasado martes pola noite unha xuntanza para decidir os gañadores.
Óptica Silva, un dos establecementos máis premiados dos últimos anos, alzouse co primeiro premio dotado con 200 euros que aporta o Concello de Silleda. O segundo, ao máis orixinal e innovador –con 150 €premio patrocinado polo hotel Vía Argentum- é para Floristeria Carmiña, outro dos habituais no pódium silledense dos escaparates navideños. O terceiro premio ao escaparate máis orixinal con exposición de produto é para María Lodeiro Decoración (100 euros que aporta Estación de Servizo de Silleda.
O xurado estivo presisido por Benito Saavedra, e integrado por Cristina Cimadevila, Noelia Eiriz, Sergio Esperante, Bárbara García, Mª José Mendoza, Sergio Pampín, Brais Pol, Benito Troitiño, Adrián Varela, Beatriz Villamayor Silva, (Alumnos do ciclo); e as mestras Mª Teresa López , Rosa Mª Rodríguez García e María Helena González Lois. Como secretario actuou o traballador municipal Alfredo Abeledo. En total participaron 72 establecementos (64 de Silleda e 6 de A Bandeira), once máis respecto a edición anterior.
Os premios entreganse o vindeiro dia 4 de xaneiro no Salón de Plenos. Benito Saavedra agradece o esforzó realizado polos comerciantes e o traballo do alumnado e mestres do ciclo, con que mañá manterá un encontro na aula para intercambiar impresións sobre esta iniciativa e entregarlles tamén cadanseu diploma.