Silleda, 20 de decembro de 2014. O Concurso de Escaparates de Nadal de Silleda, que cumpre 15 anos, xa ten novos gañadores. O primeiro premio, outorgado polo Concello de Silleda e para Óptica Silva. Está dotado con 200 euros e diploma e unha cea para 2 persoas, por xentileza do Hotel Vía Argentum.
O segundo premio, ao escaparate máis orixinal e innovador recaeu en Floristería Marbellis, e conta con 150 euros e diploma, (premio outorgado por Espina y Delfín, e un acceso para dúas persoas ao circuito termal do citado hotel de Silleda.
O premio ao escaparate máis comercial con exposición do produto, dotado con 100 euros en billetes de ECOS para mercar establecementos asociados, e unha merenda para 2 persoas en Vía Argentum é para Sistemas Integrales.
O xurado, presidido polo concelleiro de Comercio, Luis Rodríguez, reuniuse o pasado venres pola noite e estivo formado por alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Comercio e Márketin do IES Pintor Colmeiro, en concreto por Patricia Pampín Rodríguez, Carla Rodríguez Campos, María Núñez Rodríguez e Sergio Esperante Lugo, baixo a coordinación da profesora e responsable do ciclo María Helena González. Por parte da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Silleda (ECOS) participou o seu presidente, Alberto López Iglesias e como secretario actuou o traballador municipal Alfredo Abeledo.
En total participaron 58 establecementos (54 de Silleda e 4 da Bandeira) que decoraron con interese e espíritu comercial e navideño os seus escaparates.
Dende a Concellería de Comercio Luis Rodríguez agradece tanto a participación e implicación do sector como a colaboración das empresas patrocinadoras “que fan posible que este concurso se siga celebrando” , de ECOS e do IES Pintor Colmeiro, “que traballaron para valorar o esforzo, calidade e imaxinación dos participantes”.
Pola súa banda, dende ECOS, Alberto López salientou a animación que observa, nas visitas aos comercios, motivada pola iluminación das rúas e pola mellora das expectativas económicas. Tamén observou máis participación dos comercios á hora de implicarse na decoración dos establecementos e mellor disposición para realizar accións conxuntas.
Ao igual que en anos anteriores os premios entregaranse o vindeiro día 5 de xaneiro, durante a recepción aos Reis Magos na Casa da Cultura, antes da Cabalgata.