-O Concello subvenciona esta excursión, a primeira que se fai para celebrar o final do curso
Silleda, 28 de xuño de 2016. Os alumnos de familias sen recursos cos que traballa a educadora familiar do Concello de Silleda, viaxarán mañá mércores ata o parque acuático de Cerceda, para pasar unha xornada de lecer tamén en compañía dos seus pais e nais.
Esta é a segunda vez que dende o servizo se organiza unha saída fóra de Silleda para despedir o curso, anteriormente fixérase outra en anos pasados. O departamento de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Pili Peón, subvencionará todos gastos, co que os asistentes só terán que aportar a comida para pasar o día.
En total serán 39 persoas, 25 de elas nenos, os que disfruten de este día de divertimento no parque acuático.
“Con esta iniciativa pretendemos contribuír ao desenvolvemento dos nenos e nenas que participan no programa da educadora familiar, e darlles a posibilidade de pasar un día inesquecible coas súas familias”, engade a concelleira.