Silleda, 17 de agosto de 2016. O vindeiro domingo día 28 disputarase no campo de Os Mularedos, en Lamela, unha nova edición do torneo solidario no que participan os 4 equipos de fútbol do municipio silledense: S.D. Silleda, CF Laro, S.D Bandeira e Lamela C.F. Dende a Fundación Amigos de Galicia búscase con esta cita, que comezará ás 17.00 horas, recadar fondos para continuar axudando ás familias silledenses que xa están incluídas no programa da entidade, que preside o silledense Miguel Villar.
Dende o Concello agradécese esta nova colaboración de Amigos de Galicia, entidade coa que se asinou un convenio no ano 2014 para axudar as familias do municipio. A día de hoxe, gracias a esta iniciativa estanse a atender todas as necesidades básica dunha vintena de familias do municipio.
Do mesmo xeito, dende o goberno municipal tamén se agradece aos 4 clubes de fútbol a súa participación na que será a segunda edición do torneo cuadrangular.