Silleda 23 de abril de 2015. A excursión organizada polo Club dos Maiores e a Concellería de Participación Cidadá remato una xornada de hoxe en Madrid, onde fixo a súa última parada o grupo, con 72 veciños e veciñas do municipio.
Na capital do país o grupo realizou unha visita oficial guiada polas instalacións do Senado, onde coñeceron de cerca o funcionamento da institución. A silledense Paula Fernández Pena fixo as veces de anfitriona durante o percorrido, ao que se sumou tamén o alcalde, Manuel Cuiña.
O rexidor silledense deulle unha sorpresa aos membros da expedición, acudindo a recibilos no último tramo da viaxe. Todos comartiron xantar nas instalacións do Senado. Os veciños e veciñas amosaron a súa satisfacción e gratitude polo recibimento na visita ao Senado.
A primeira hora da tarde, o grupo iniciou a viaxe de volta cara a Silleda, de onde partiron o pasado día 15 con rumbo a Andalucía, visitando localidades como Mérida, Almendralejo, Chipiona, Gibraltar, Cádiz ou Córdoba, entre outros.