Silleda, 29 de outubro de 2024. A Casa da Xuventude segue avanzando para ofrecer o mellor servizo á mocidade que, día a día, fai deste espazo un punto de encontro, aprendizaxe e diversión. Grazas ao programa «O teu espazo xuvenil», financiado pola Deputación de Pontevedra, incorpóranse a este centro dous novos equipos informáticos de última xeración que permitirán mellorar a experiencia das persoas usuarias.
Estes equipos están á disposición da mocidade para actividades formativas, proxectos creativos, consulta de información, xogos educativos e moito máis. Con esta incorporación, reforzamos o noso compromiso de facilitar o acceso ás novas tecnoloxías e fomentar un ambiente dinámico e enriquecedor na Casa da Xuventude. A axuda da Deputación de Pontevedra ascendeu a 2. 100 euros. Dende o Concello convídase a toda a xuventude a vir descubrir os novos equipos e a aproveitar ao máximo este recurso! O futuro constrúese xuntos, e desde o Concello seguimos traballando para facer realidade proxectos que apoien ás xeracións máis novas.
.