Silleda, 11 de agosto de 2017. A Xunta de Goberno Local vén de aprobar unha nova subvención ao abeiro do Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego. O beneficiario é Manuel Outón Villaverde que poñerá en marcha un negocio de hostalería en Taboada. O solicitante percibirá percibirá unha axuda de 1.500 euros.
Tal e como figura nas bases o beneficiario percibirá agora o 75% da subvención e o 25% restante aos seis meses da apertura do establecemento.
Esta subvención é a cuarta que se outorga no ano 2017 a través deste programa, que se iniciou no ano 2015 como unha das grandes apostas do goberno municipal de Silleda para fomentar a creación de emprego.
Ademais esta axuda é a primeira que logra a máxima puntuación pola creación de postos de traballo.
“Animamos ás persoas que estén en situación de desemprego e queira emprender un negocio en Silleda conta con estas axudas a fondo perdido, sempre que cumpla as condicións establecidas nas bases”, lembra a concelleira de Emprego, Ana Luisa González Costa.
Dende mediados do 2015 outorgáronse xa un total de 12 axudas municipais para a posta en marcha de distintas iniciativas emprendedoras, con cantidades a fondo perdido que varian en función da puntuación obtida. A subvención máxima outorgable é de 3.300 euros. “Estamos moi satisfeitos con este programa”, remarca a concelleira Ana Luisa González Costa que explica que das peticións realizadas só se rechazaron dúas por non cumprir cos requisitos recollidos nas bases reguladoras.
As axudas outorgadas poden consultarse na páxina web municipal (www.silleda.gal) ao igual que as bases. Ademais tamén se poden descargar os anexos para realizar as solicitudes.