Silleda, 15 de marzo de 2017. A Xunta de Goberno Local vén de aprobar unha nova subvención ao abeiro do Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego. A beneficiaria é Raquel Romero Dietistas, un novo establecemento que se ubicará na rúa Outeiro de Silleda. A axuda neste caso é de 1.200 euros. Tal e como figura nas bases a beneficiencia percibirá agora o 75% da subvención e o 25% restante aos seis meses da apertura do establecemento.
Esta subvención é a primeira que se outorga no ano 2017 a través deste programa, que se iniciou no ano 2015 como unha das grandes apostas do goberno municipal de Silleda para fomentar a creación de emprego. “Calquera silledense que esté no paro e queira emprender un negocio en Silleda conta con estas axudas a fondo perdido, sempre que cumpla as condicións establecidas nas bases”, lembra a concelleira de Emprego, Ana Luisa González Costa.
Dende mediados do 2015 outorgáronse xa un total de 9 axudas municipais para a posta en marcha de distintas iniciativas emprendedoras, con cantidades a fondo perdido que varian en función da puntuación obtida. A subvención máxima outorgable é de 3.300 euros. “Estamos moi satisfeitos con este programa porque ademais todas as iniciativas e negocios que se puxeron en marcha dende que comezamos seguen en activo”, remarca a concelleira Ana Luisa González Costa que explica que das peticións realizadas só se rechazaron dúas por non cumprir cos requisitos recollidos nas bases reguladoras.
As axudas outorgadas poden consultarse na páxina web municipal (www.silleda.gal) ao igual que as bases. Ademais tamén se poden descargar os anexos para realizar as solicitudes.
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publicou o pasado 31 de xaneiro as bases do Plan de Axuda á Creación de Emprego, logo da modificación aprobada polo executivo local, pola que se amplían os gastos subvencionables no apartado de proxectos do sector Primario, relacionacos co Medio Ambiente ou de I+D+I.
Neste punto, figuran a partir de agora como gastos subvencionables os equipos informáticos, desenvolvemento e custos de páxina web, aplicacións informáticas e outros gastos tecnolóxicos, e tamén outros gastos coma a compra de maquinaria ou apeiros, instalacións (invernadoiros, sistemas de riego…) realización de pozos ou os chamados insumos agrícolas (sementes, plántulas, fertilizantes, produtos fitosanitarios…).
As bases, que foron aprobadas o pasado ano por unanimidade de todos os grupos da Corporación, tamén se adaptan á Lei 39/2015 de Procedimentos Administrativos.