Silleda, 13 de decembro de 2017. A Concellería de Educación de Silleda, que dirixe Pilar Peón, vén de outorgar –segundo acordo da xunta de goberno local do pasado 22 de novembro- un total de 72 axudas para o transporte de mozos e mozas universitarios e estudantes de ciclos formativos para o curso 2017-2018.
En total a contía das bolsas ascende a 19.000 euros, o que supón un considerable aumento respecto ao pasado ano, ao aumentar tamén o número de solicitudes (de 45 o curso pasado pasaron a 72).
O expediente pode consultarse na web municipa (pinchando no titular desta nova).. As contías das axudas, segundo a renda familiar, van dende os 450 euros (o máximo establecido nas bases) ata os 125 euros.