Silleda, 18 de febreiro de 2015. As obras do proxecto “Rehabilitación Superficial e creación senda peonil do acceso de Santa María de Cortegada” foron paralizadas hoxe logo de recibirse no Concello a orde de paralización cautelar por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria-Delegación Territorial-Delegación Territorial de Pontevedra.
A orde chegou, por correo ordinario, e do mesmo xeito foi entregada en man no rexistro por axentes da Policía a media mañá.
Unha vez recibida a citada comunicación, o alcalde decretou a paralización dos traballos, que foi comunicada á empresa adxudicataria por axentes da Policía Local. Así mesmo, a Policía Local realizará agora un informe sobre o estado no que se atopaban hoxe as obras, cando se decretou a paralización, e que será remitido despois a Patrimonio.