A reunión celebrouse na sede da Oficina Nacional de loita contra os delitos de odio dependente do Ministerio do Interior
A alcaldesa de Silleda participou este mércores nunha nova sesión da Comisión de Seguridade Cidadá e Protección Civil da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) da que forma parte desde o pasado mes de marzo.
Nesta ocasión a reunión celebrouse na sede da Oficina Nacional de Loita contra os delitos de odio (ONDOD) do Ministerio do Interior, e nela establecéronse obxectivos para fomentar a colaboración institucional e fixar protocolos de actuación en materia de persoas desaparecidas e delitos de odio.
A alcaldesa que participou na sesión como vogal da mesma dixo que “o odio envenena sociedades, e lamentablemente o discursos reaccionarios actívano, de feito medraron un 45 % nos último datos segundo os datos que nos achegaron desde a ONDOD”.
Entre outros asuntos, tamén se debateu sobre a colaboración da FEMP coa Dirección Xeral de Protección Civil e a posibilidade de fomentar o voluntariado. Trasladouse que sería importante para os pequenos concellos ter equipos de protección civil, pero que ademais de campañas de fomento de asociacionismo deben existir recursos para abonar os seguros de responsabilidade, a roupa e os gastos xerais do servizo.