Silleda, 8 de xaneiro de 2016. O prazo para presentar ofertas ao proceso de licitación do Servizo de Recollida de Lixo no municipio de Silleda rematou onte xoves día 7 cun total de tres entidades presentadas.
O goberno municipal ten previsto proceder na vindeira semana a iniciar os trámites correspondentes dentro do proceso de adxudicación deste servizo, coa creación da mesa de contratación e a apertura das plicas.
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publicou o pasado día 11 de decembro o prego de condicións técnicas e administrativas, abrindo o proceso de presentación das ofertas, que foran aprobadas no pleno do pasado mes de novembro.
Este servizo sae de novo a concurso con importantes novidades e melloras respecto á situación actual. A adxudicación do servizo realizase por un periodo de 4 anos, cun importe similar ao que rexe actualmente, de 210.000 euros por anualidade (o importe total ascende a 840.000 euros).
A principal novidade é a implantación da recollida selectiva de residuos nas parroquias do rural, un servizo que ata o de agora non existía “e quen sen dúbida algunha suporá un gran avance e mellora na xestión de residuos no termo municipal”.
Nos dous cascos urbanos continuarase co sistema de carga lateral, que se implantou hai un ano con novos colectores de maior capacidade. A frecuencia na recollida continuará igual nestes dous núcleos de poboación, con vaciado diario.
Mentres no rural, os residuos orgánicos volverán a recollerse unha vez á semana, á vista das necesidades detectadas, se ben se fará dúas veces á semana nos meses de xullo e agosto. xa que ademais da celebración da maioría das festas nestas datas de verán, por cuestión de hixiene e salubridade sí resulta necesario aumentar a periodicidade da recollida
Así mesmo, e en relación á frecuencia de retirada dos residuos orgánicos, os pregos establecen que a empresa que resulte adxudicataria terá que realizar a maiores a recollida en datas especiais coincidindo coa realización de festas ou eventos (un total de 4 celebracións ao ano) nos que sea preciso a intervención deste servizo de recollida.
Colectores amárelos nos núcleos máis poboados das parroquias
O alcalde resalta a implantación do servizo de recollida selectiva no rural, ata agora inexistente. “Fai anos contábamos con colectores amarelos que estaban repartidos para suplir a falta de unidades e facendo unha función que non lle correspondía. Agora por fin, o Concello de Silleda pode implantar o servizo de recollida selectiva para a reciclaxe de envases de plástico, bricks e latas, un servizo que na maioría dos concellos non existe nas zonas rurais”, explica Cuiña.
Esta nova implantación para a recollida selectiva de residuos, que ata agora só se realizada en Silleda e na Bandeira, levará asociada unha campaña de información para os veciños e veciñas do rural.