Silleda, 18 de abril de 2013. Hoxe quedou aberto ao tráfico o vial municipal que comunica a N-525 coa AP-53 e a PO-505 á altura de Lamela. O Concello de Silleda realizou neste tramo, de 450 metros, unha ambiciosa reparación, á vista do lamentable estado do vial e por motivos de seguridade. “Dende o Concello cumplimos coa nosa responsabilidade, que é garantizar a seguridade neste tramo”, sinala o concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña.
O vial limita o paso a vehículos de máis de 10 toneladas, para evitar así o seu deterioro. “Vixiaremos que se respete a sinalización, porque de continuar o tráfico pesado como ata agora, en tres ou catro meses teriamos de novo a pista destrozada”, engade Cuíña.