Silleda, 21 de agosto de 2013. O Concello de Silleda en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a directiva do C.F. Lamela realizou en días pasados tarefas de acondicionamento do campo de Mularedos. Os traballos consistiron na dotación dunha capa de áridos no terreo de xogo que foi dotado hai agora un ano de herba natural. Con estes traballos o terreo queda listo para os encontros da tempada de fútbol que comeza.
Dende o departamento municipal de Deportes, Klaus Brey, eloxia a excelente colaboración entre o clube do Lamela e o Concello á hora de realizar tarefas de mantemento no campo, que se inaugurou en agosto de 2012 logo dunha intensa reforma. O clube encargase do mantemento do campo, ao igual que no caso do Laro C.F., onde se realizou a mesma dotación estrenada hai uns días. Tamén agradece á Deputación de Pontevedra os traballos realizados, ao enviar entre outros unha niveladora.