Silleda, 28 de cuño de 2017. A empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo rematou hoxe a colocación de colectores amarelos nas parroquias, coa dotación de Preto dunha vintena de unidades que estaban aínda pendentes de ubicar. Esta iniciativa é unha das melloras incluidas na nova concesión do servizo de recollida de residuos.
Así, dende mediados do pasado mes de abril colocáronse un total de 126 colectores amarelos para o depósito de envases lixeiros en distintos lugares do rural, atendiendo a criterios de poboación e tenido en conta tamén os puntos con mayor tránsito de veciños. En total distribuiránse 115 colectores amarelos nas parroquias do rural atendendo a criterios de poboación, lugares máis transitados polos veciños.
Para os criteiros de colocación, utilizouse unha ratio de 1 colector por cada 80 habitantes. Estes colectores teñen unha capacidade de 800 litros cada un.
Segundo datos facilitados por Urbaser, no mes de maio e ata o pasado 21 de xuño retiráronse en Silleda dos colectores amarelos un total de 2.830 kilos, unha cifra que da conta do nivel de conciencia e compromiso da cidadanía á hora de reciclar.
"Os resultados están a ser moi bos, por eso temos que agradecer aos veciños e veciñas á sua colaboración a hora de apostar pola reciclaxe e o cuidado do medio" indica o concelleiro de Medio Ambiente e alcalde en funcións Klaus Brey.
O pasado mes de abril, cando se iniciou a implantación do servizo de recollida selectiva no rural remitíronse a todos os domicilios guías informativas sobre a reciclaxe, informando de facer acertadamente os depósitos de residuos e doutros servizos coma o Punto Limpio dispoñibles para a cidadanía.
O depósito nos colectores amarelos, para envases de plástico, bricks e latas, é unha das claves no proceso de reciclaxe tendo en contra ademáis que se estima que o tempo de degradación do aluminio é de 400 anos, o do latón entre 20 e 40 anos e que o plástico tarda uns 500 anos.
“Se separamos ben para facer unha reciclaxe axeitada non só estaremos contribuíndo a manter o noso medio ambiente senon que tamén poderemos baixar o custe do servizo entre todos”, indica o alcalde, que fai un chamamento aos veciños para colaborar na correcta separación e reciclaxe.
Colectores laterales na N 525
No caso das parroquias situadas á beira da N-525, dende Taboada ata Lamela colocáronse colectores amarelos, e tamen de materia orgánica, de carga lateral.
Este servizo ven a sumarse no ámbito da xestión de residuos á recente instalación de dous mini puntos limpos en Silleda e na Bandeira ou ás campañas de recollida de plásticos que se realizan dende o Concello ao longo do ano