-O obradoiro de arqueoloxía “Arqueocampo”, promovido pola Concellería de Educación, rematou esta mañá con alumnos de 1º da ESO do Instituto Pintor Colmeiro de Silleda
Silleda, 22 de abril de 2016. O Alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e a concelleira de educación,Pili Peón, despediron esta mañá aos últimos alumnos en participar na actividade “Arqueocampo”, o obradoiro que nesta última semana de desenrolou en Silleda achegando o traballo científico aos nenos e nenas coa finalidade de que coñeceran as tarefas dos arqueólogos, ademais de aprender a valorar a riqueza patrimonial da súa contorna.
Esta iniciativa innovadora na comarca do Deza, idea do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC e impartida pola empresa Tesouros Novos, dou acollida a máis de 400 alumnos de todos os centros educativos do municipio.
O proxecto acadou moi boa acollida, tanto entre os alumnos participantes coma nos seus mestres, que expresaron a súa satisfacción, polo entretido e o educativo do mesmo.