Silleda,8 de xuño de 2017. O Concello de Silleda mantivo un encontro para preparar a viaxe a Canejan (Francia) o vindeiro mes de agosto, do 22 ao 29. Representando a Silleda acudirán a agrupación Fortín da Pomba e a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, grupos elixidos por sorteo o pasado mes de abril entre as agrupacións do municipio. Neste encontro no que estarán tamén presentes municipios de Italia e Hungría levarase a cabo a sinatura do irmandamento entre Silleda e Canejan, na xornada do 26. O programa inclúe distintas actuacións culturais, musicais e de acción de convivencia ao longo da citada semana.