Silleda, 22 de novembro de 2014. O Concello de Silleda, a través do departamento de Emprego, Educación e Participación Cidadá, organizará un curso de Deseño de Páxinas Web, incluído dentro do programa Actívate, da Deputación Provincial de Pontevedra.
O ciclo, de 40 horas de duración e de carácter gratuito, está dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, con residencia na provincia de Pontevedra. Terá lugar en febreiro do vindeiro ano na Casa da Cultura. As persoas interesadas poden formalizar a inscrición no Rexistro Xeral do Concello onde se facilitará un modelo oficial.
Os horarios estabreceránse en vindeiras datas. As solicitudes admitiranse por orden de rexistro. No caso de que o número de solicitantes superase o das prazas ofertadas, terase en conta, en primeiro lugar ás persoas desempregadas (seguido das activas) que non participasen na edición do programa Actívate do ano 2013.
Dende o Concello de Silleda apostase así este ano polas novas tecnoloxías nesta nova iniciativa de formación, un dos sectores que tamén está a ofrecer posibilidades para unha saída laboral ao colectivo dos máis novos, un dos máis castigados pola crise. Este curso xa se celebrou con éxito o pasado ano.
*No documento adxunto pódese descargar o formulario de inscrición para presentar no rexisto