Selección dunha persoa para o posto de administrativo/a en réxime de funcionario/a interino/a e creación dunha bolsa de emprego

 

-As bases poden consultarse xa na web municipal e na Sede Electrónica. O prazo para presentarse remata o vindeiro xoves día 21

Silleda, 14 de marzo de 2024.   O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra vén de publicar hoxe a convocatoria do Concello de Silleda do proceso de selección dunha persoa como administrativa , en réxime de funcionario/a interino/a e a creación dunha bolsa de emprego.

O proceso levarase a cabo mediante sistema de oposición (exame). Para participar no proceso establécense 5 días hábiles contados a partir de maña 15 de marzo, co que o prazo rematará o vindeiro xoves 21. As solicitudes deben realizarse ou ben no Rexistro municipal ou por Sede Electrónica.

As bases reguladoras do procedemento están publicadas, xunto coa convocatoria e o formulario de inscripción na web municipal www.silleda.gal e poden consultarse tamén no taboleiro de anuncios da sede electrónica.

Ademais da selección, abrirase unha bolsa de emprego que servirá no caso de precisarse novas contratacións por incapacidades temporais ou outras necesidades do servizo. A continuación estaán as bases, a convocatoria e formulario de participación: