Silleda acolle o 20 de novembro unha xornada gratuita sobre agricultura e gandeiría ecolóxicas

Silleda, 5 de novembro de 2014. O vindeiro xoves día 20 celebrarase en Silleda un seminario sobre agricultura e gandeiría ecolóxicas. A cita, de carácter grautito, está aberta a todas as persoas interesadas, que deben inscribirse previamente no Concello, a través do mail asociación.dpe@gmail.com ou ben a través do número de teléfono 678 645549.

Esta xornada divulgativa terá lugar de 09.00 a 15.00 horas na Casa da Cultura de Silleda, organizada pola asociación Deproeco, ( asociación para o desenvolvemento da agricultura ecolóxica), en colaboración co Ministerio de Agricultura, a Consellería do Medio Rural e o Concello de Silleda.

Na sesión abordaránse cuestións como a normativa e certificación para a produción ecolóxica, a produción animal e vexetal na explotación ecolóxica, comercialización de produtos e marketin, ou a xestión da axudas da próxima PAC.