A cita será o venres 27 de setembro no auditorio da Semana Verde
As entradas están xa á venda en Ataquilla.com
A banda tributo a Sabina ‘Conductores Suicidas’ actuará en Silleda o vindeiro venres 27 de setembro. Un total de oito músicos subirán ao escenario do auditorio da Semana Verde nun dos espectáculos considerados máis fieis e respectuosos ca obra do artista.
A banda, que toma o nome dunha das cancións de Sabina, conta coa voz de Roberto Ramos, cun parecido incrible á do cantautor. Nunha actuación que supón un fiel reflexo dos seus directos, faise un percorrido pola súa traxectoria, dende a etapa en Viceversa ata a actualidade.
Temas míticos como Princesa, 19 días y 500 Noches, Pongamos que hablo de Madrid, Juana la Loca, ou Conductores Suicidas, entre outros moitos, forman parte do repertorio da banda, que actuará ás 21:30 horas.
As entradas teñen un prezo de 16 euros e poden adquirirse xa a través de Ataquilla.com.
‘Conductores Suicidas Tributo a Sabina’ percorreu no último ano auditorios e teatros de todo o país colleitando un grande éxito. Durante máis de dúas horas de actuación, o publico poderá escoitar dende inesquecibles baladas acústicas de Sabina ata os seus inconfundibles temas de rock.