A cita, coa compañía Títeres Alakrán, enmárcase na programación de Nadal a través da Rede de Dinamización Lingüística. Será ás 18:00 horas no Salón de Actos do Concello
Silleda acolle mañá, xoves 19 de decembro, un espectáculo de títeres para desfrutar en familia este Nadal, que chega a través da Rede de Dinamización Lingüística. Títeres Alakrán poñerá en escea A pita xefa, unha adaptación para teatro de monicreques da peza homónima de María Lado publicada por Bahía Edicións e gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade. Toda a familia poderá ver como unha pequena pita cun soño pode facer o que queira: saltar lonxitude, bailar claqué… e o máis importante, mudar as normas do galiñeiro.
A cita será ás 18:00 horas no salón de actos da Casa do Concello de Silleda