Silleda, 15 de agosto de 2015. Silleda celebra o vindeiro domingo 4 de setembro unha nova edición da Festa da Bicicleta. A cita, organizada dende a Concellería de Deportes, que dirixe Ana Luisa González, comezará ás 18.00 horas.
Ana Luisa González mantivo hoxe unha reunión cos responsables do clube BTT Trasdeza e da firma RG Bikes, que colaboran con esta cita.
Nesta edición contarase coa participación especial de Javier Busto, do Clube Frigoríficos Bandeira Extol Team.
Ademais do percorrido polas rúas da vila, que se dará a coñecer en vindeiras datas, haberá sorteos para os asistentes, con lotes de material deportivo e o sorteo especial dunha bicicleta. O itinerario terá un percorrido de aproximadamente 6 kilómetros, con dificultade media.
No encontro perfilaronse algúns detalles da cita deportiva. Así, a inscrición abrirase unha hora antes na zona do campo de fútbol de Outeiriño, onde tamén será a recollida de dorsais.