Silleda acollerá en un xuño un intercambio xuvenil con mocidade do municipio, Lituania e Portugal

 

Silleda, 10 de maio de 2013.  O municipio silledense acolle o vindeiro mes o xuño un intercambio xuvenil no que participarán mozos e mozas da localidade, xunto con outros chegados dende Portugal e Lituania. Baixo o nome RAPAZartist,  que fai alusión á Romaría do Rapaz, preto de 30 rapaces participarán, entre o 26 de xuño e o 3 de xullo nesta iniciativa, para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 13 e os 20 anos de idade.

A participación portuguesa vén da man da asociación cultural e pedagóxica Ponte nas ondas!, que traballa para promover o coñecemento mutuo da mocidade galega e lusa.

No caso de Lituania, os participantes proceden da localidade de  Ignalina.

 O intercambio está promovido polo Concello de Silleda e conta ademais coa financiación da Unión Europea a través do programa Xuventude en Acción (cunha aportación de 12.732 euros).

O prazo de inscrición está xa aberto para os máis novos da localidade, que poden anotarse e recibir máis información no departamento municipal de Cultura, ou chamando ao 986 580000. A participación neste intercambio é totalmente gratuita.

O grupo, con 27 mozos e mozas (hai 9 prazas por cada país) terá a súa base no entorno do recinto da Saleta de Siador, onde participarán tamén na 25 edición da Romaría do Rapaz que terá lugar o día 30 de xuño. A programación, que aínda se está perfilando, incluirá  actividades multiculturais e tamén creativas, entre outras.

Xuventude en acción é un programa creado pola UE para a mocidade co obxectivo de infundir o sentido da cidadanía europea activa, e valores coma a solidariedade, e a tolerancia.

Estre programa promove a mobilidade dentro e fóra dos límites da UE, a aprendizaxe non formal e o diálogo intercultural.

Este intercambio xuvenil pemite aos mozos e mozas participantes formar parte dun proxecto que require da participación activa dos mozos e está deseñado para permitirles descubrir e concienciarse da existencia de diferentes realidades sociais e culturais.