Silleda, 2 de xaneiro de 2017. A Concellería de Deportes de Silleda, que dirixe Ana Luisa González, ampliará a oferta das Escolas Deportivas Municipais. Así, á vista do éxito da sesión informativa sobre exercicios hipopresivos, que se celebrou a finais do pasado mes de novembro, esta práctica coñecida tamén como Low Preasure Fitness comezará a impartirse en Silleda o vindeiro día 13.
As sesións celebraránse todos os venres ás 21:00 horas na Casa da Xuventude de Silleda. As persoas interesadas en anotarse poden inscribirse no teléfono 671 801336 ou ben na Casa da Xuventude (de martes a sábado en horario de 16:00 a 20:00 horas). O prezo é de 20 euros ao mes.
A ximnasia abdominal hipopresiva conta con beneficios posturais, para reforzar a musculatura do solo pélvico, (recuperación e tonificación no post-parto, problemas de incontinencia urinaria…)prevén a formación de hernias (discais ou inguinais…) é boa para a circulación e tamén se usa como fórmula antiidade e como mellora no redemento deportivo ao aumentar a capacidade respiratoria. Esta técnica comezou a realizarse a nivel terapéutico e agora estase a introducir tamén no fitness.