Silleda, 3 de outubro de 2016. O teatro será protagonista en Silleda na celebración do Día Internacional da Muller Rural, que se conmemora o vindeiro sábado día 15 de outubro. Así, as concellerías de Cultura e de Benestar Social de Silleda programan para esa data a representación da obra “A Fotógrafa”, que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Silleda ás 20:30 horas, con entrada libre.
A Fotógrafa, que se estrenou na Bandeira en decembro do pasado ano, é un proxecto en común da actriz Cristina Collazo e a fotógrafa Pilar Abades. A obra nace da paixón destas dúas creadoras silledenses, que xuntan as súas disciplinas con obxectivo de revalorizar a moitas mulleres que quedaron á sombra ao longo dos séculos.
Nun exercicio de reescritura histórica, esta interesante posta en escena soña que a fotografía naceu en Galicia da man dunha muller Valente. Música, poesía, baile e mesmo xogos de sombra combínanse nesta atractiva proposta coa que o Concello de Silleda quere poñer en valor tamén o traballo das mulleres nesta efeméride que se celebra o vindeiro día 15.