Silleda, 21 de febreiro de 2018. O Concello de Silleda colaborará por terceiro ano ano consecutivo coa proba 102 Kilómetros Carballiño-Santiago organizada polo Club de Atletismo do Carballiño.
O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Deportes, Ana Luisa González Costa, mantiveron un encontro co presidente desta entidade, Fernando Guerra, para concretar a nova colaboración do Concello.
Esta proba celebrará a súa segunda edición o vindeiro sábado día 10 de marzo e ten por finalidade unir o concello do Carballiño coa praza do Obradoiro de Santiago, transcurrindo a meirande parte da marcha polo camiño de Santiago denominado Vía da Prata.
Dende a organización do evento pediuse apoio loxístico ó Concello de Silleda, que colaborará poñendo a disposición dos participantes o pavillón polideportivo da Bandeira para realizar o avituallamiento dos participantes.
“Un ano máis colaboraremos con esta proba, que unifica carácter deportivo e turístico, fomentando a cultura do deporte e poñendo en valor rutas e paraxes emblemáticas das nosas vilas” – comenta a concelleira, Ana Luisa González.
A Carreira partirá da praza de Veracruz do Carballiño ás 07:00 horas.