-Esta semana o servizo acometeuse no casco urbano de Silleda ante a celebración da Festa do Lacón
Silleda, 7 de xullo de 2016. Operarios da empresa Celta Prix, adxudicataria do servizo de recollida de lixo en Silleda, comezaron esta semana o lavado dos colectores instalados nas rúas da vila. Estas tarefas, incluídas no contrato coa empresa, continuarán nos vindeiros días en nos dous cascos urbanos, ata facelas extensivas a todos os colectores do resto das parroquias.
O feito de comezar por Silleda responde á celebración no día de mañá da XVIII Festa do Lacón. Estas actuacións véñense realizando na época estival para un mellor funcionamento do servizo, evitando así que se produzan malos cheiros e tamén por motivos de salubridade.