Silleda conmemorou o 25-N con mensaxes e sementes de violeta

 

Silleda, 25 de novembro de 2013. Numerosas persoas participaron hoxe na concentración “Máis Violeta”, organizada dende o Centro de Información á Muller (CIM) de Silleda, en sinal de repulsa contra a violencia machista. O acto congregou a representantes municipais, da comunidade educativa de Silleda, das forzas do orden ou persoal médico, entre outros.

O alcalde, Manuel Cuíña, leu un manifesto contra a violencia de xénero, “un atentado directo e inmediato á dignidade das mulleres, aos seus dereitos individuais, á súa calidade de vida e sáude. Por iso a loita contra esta lacra  esixe un compromiso de todas e cada unha das persoas que conformamos a sociedade”, sinalou. Unha vez rematada a lectura do manifestó gardouse un minuto de silencio polas 45 vidas que xa se cobrou a violencia machista no que vai de ano en España.

Cuíña, que disculpou a ausencia da concelleira de Igualdade, Dolores García, por motivos laborais, agradeceu tamén á comunidade educativa a implicación no acto, no que se estrenou o itinerario de recursos para as vítimas da violencia de xénero, editado polo Concello de Silleda e elaborado dende a Mesa de Coordinación para a Erradicación da Violencia de Xénero. Tamén se repartiron lazos de cor violeta así coma sementes desta flor, protagonista do acto silledense.

Os alumnos e alumnas deixaron mensaxes colgadas nas árbores, así coma os nomes das vítimas.