– As actividades, para nenos e nenas de Infantil e Primaria serán no pavillón César G. Fares de Silleda e no Auditorio Dopazo do 22 de decembro ao 5 de xaneiro (agás os días festivos) en horario de 09:00 a 14:00 horas. O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns día 20
Silleda, 17 de novembro de 2023. O Concello de Silleda, a través do departamento de Educación que dirixe Ángela Troitiño, organiza nas vacacións de Nadal unha ludoteca, en horario de mañá, para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade empadroados no municipio. Esta iniciativa, que xa se estrenou hai dous anos, busca facilitar a conciliación das familias durante as vacacións de Nadal, sumándose a outras iniciativas municipais neste mesmo ámbito, como o Servizo Lúdico Educativo.
A ludoteca, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas, contará con actividades en Silleda e na Bandeira, de luns a venres dende o 23 de decembro ao 5 de xaneiro, sendo o centro de actividades o pavillón deportivo César G. Fares en Silleda e o auditorio Manuel Dopazo na Bandeira.
O custe deste servizo é de 55 euros (45 euros no caso da asistencia do segundo irmán/á ou sucesivos).
O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns día 20. As persoas que desexen participar deben de cubrir o modelo normalizado de inscrición dispoñible no Rexistro municipal ou facelo a través da sede electrónica. Para máis información poden chamar ao teléfono 986 592037. As prazas asignaránse por orde de inscrición.
Trátase de actividades que, á marxe do campamento de Nadal do Servizo Lúdico (que xa ten todas as prazas cubertas), fomentarán a participación e a creatividade dos nenos e nenas participantes, ofertando ao mesmo tempo unha alternativa de conciliación para as familias. A continuación figura o documento de inscrición: