O Concello de Silleda instala grandes carteis nos que se indica Parques sen fume na Praza Juan Salgueiro e na Praza da Igrexa de Silleda e na Praza Juan Salgueiro da Bandeira
O Concello de Silleda vén de cumprir un novo mandato dos plenos infantís celebrados hai uns meses, cando os nenos e nenas dos centros educativos locais votaron sobre diversas propostas de mellora para o municipio entre as que se atopaba a declaración dos parques como “Espazos Libres de Fume”.
Así pois, en colaboración coa Xunta de Galicia, instaláronse os primeiros carteis que prohiben fumar nos parques, dando resposta ás decisións tomadas polos mais pequenos.
A alcaldesa Paula Fernández Pena, xunto coa tenenta alcaldesa e concelleira de Participación Cidadá, Mónica González e a concelleira de Infancia Ángela Troitiño, participaron na colocación dos carteis que foron instalados no Parque Juan Salgueiro e na Praza da Igrexa de Silleda e na Praza Juan Salgueiro da Bandeira, agradecendo aos máis pequenos pola súa implicación e responsabilidade.
O Concello de Silleda segue promovendo a participación cidadá dende idades temperás, e continua traballando no resto das suas propostas entre a que está a a creación dun skate park, tanto en Silleda como na Bandeira.
As obras Skate Park iniciaranse nos próximos días e no de Bandeira se está negociando a mellora ubicación para el para poder instalalo o antes posible.
“Este é un exemplo de como a voz da infancia pode cambiar a realidade do noso municipio. Grazas á súa proposta, seguimos avanzando cara a un Silleda máis saudable e comprometido co benestar de todas e todos”, destacou a alcaldesa.
O Concello continuará fomentando a participación infantil e traballando en iniciativas que promovan un entorno máis seguro e sostible para as futuras xeracións.